etnoga, empresa de servizos, ten como obxectivo a xestión integral do patrimonio. Os traballos que acomete, vincúlanse con accións de desenvolvemento cultural, educativo, social e turístico.
En etnoga, innovadora empresa de servizos, dedicámonos ao estudo, posta en valor e interpretación do patrimonio, con especial interese na divulgación do mesmo.
Formamos un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito das humanidades e as novas tecnoloxías, con experiencia laboral na administración pública e no eido privado.
Así mesmo, contamos coa colaboración de empresas e persoas físicas de diversos campos, creando unha rede de traballo onde se oferta un servizo de máxima calidade.