Ministerio de Cultura
CEMITERIO DE SANTO AMARO Rúa Orillamar, s/n - 15002 A Coruña
A partir de 1805 comezan as xestións para construír un novo camposanto na cidade herculina. Escóllese a zona da Agra de Santo Amaro, elaborando o arquitecto municipal Fernando Domínguez Romay un orzamento inicial cos custes do mesmo e da capela. Pero o proxecto abandónase por mor da falta de medios para afrontar o gasto. Dous anos máis tarde, retómase a idea con algunhas modificacións, como a de reutilizar a ermida de Santo Amaro como capela do cemiterio e facelo máis próximo ao mar, pois os terreos serían máis baratos. Porén, o Exército acaba opoñéndose, xa que as tapias ocultarían calquera ataque inimigo por mar, quedando de novo no olvido ata 1809. Neste ano, a elevada taxa de mortandade, probablemente por mor dunha epidemia de tifo, obriga a axilizar as obras do camposanto. Debido ás dificultades que plantexaba a zona de Santo Amaro, constrúese un contiguo a San Francisco. Con moitos problemas de salubridade, funcionaría ata 1812, realizándose unhas 1500 inhumacións.

A principios de 1810 solicítase outro estudo para a construción do novo camposanto permanente. E a zona da ermida de Santo Amaro segue a ser a máis propicia, acordando facer os muros dunha altura considerable que non impedisen a visión do mar.

Domínguez Romay deseña un recinto cuadrangular pechado por muros de cachotaría. No interior, unha distribución en catro partes correspóndese coas parroquias eclesiásticas coruñesas: Santiago, Santa María, San Nicolás e San Xurxo. As obras comezan en maio de 1812, inaugurándose a finais dese mesmo ano.

Tralo falecemento en 1836 do oficial dunha fragata inglesa, co posterior enterro fóra do recinto sagrado, inícianse as xestións para a construción dun cemiterio civil. Será en 1838 cando o cónsul británico solicite permiso para o mesmo. Unha zona que quedaría sen pechar ata que en 1867 o goberno británico merca os terreos e se constrúe segundo os planos de Juan de Ciórraga, inaugurándose en 1868. Na actualidade acolle a medio centenar de cidadadáns ingleses que morreron na Coruña: veciñanza, turistas, mariñeiros e militares. Por trátase dunha necrópole privada, está pechada ao público.

En 1882 amplíase o cemiterio católico construíndo o cuarto departamento. Na ampliación reservouse un recinto destinado a "non católicos". Pero tratábase dun espazo que non reunía as condicións, e que co paso do tempo ía quedando máis pequeno, polo que a veciñanza comezaba a esixir un específico. Así, a principios do século XX, o concello aproba un novo proxecto de Pedro Mariño para a construción dun recinto civil contíguo ao británico.

Entre os altos muros que rodean o recinto principal, destaca a entrada, desprazada da súa situación orixinal trala construción en 1834 da capela. Esta sería proxectada polo enxeñeiro militar Alejo Andrade Yáñez, dirixindo as obras Melchor de Prado Mariño.

Construída en cantaría, a portada disponse a modo de arco de triunfo con dúas semipilastras flanqueando a porta e soportando un frontón triangular no que se pode ler: Año de 1812. El término del cuerpo es el que veis; el alma será según obreis.

Atravesado o portal, cuxo enreixado de 1885 foi deseñado por Juan de Ciórraga, atópase á esquerda o antigo pavillón de autopsias. Edificado a finais do XIX, o seu proxecto corresponde a Pedro Mariño. Antes da súa construción, nesta zona era na que se sepultaban os "párvulos".

Un amplo corredor central organiza o recinto en cuadrículas, con departamentos e cuarteis. Varias terrazas graduadas van descendendo cara á ría. Duascentas das súas 20.000 tumbas correspóndense con persoas ilustres. Xente do mundo das artes, da literatura, da política, da aristocracia, dos negocios e tamén heroes locais como Juan Darriba. Un neno de once anos que perdeu a súa vida por salvar a unha muller que estaba afogando na praia. Esta sepultura pode verse no coñecido como "Itinerario dos Segredos de Santo Amaro". Ademais, na actualidade outras tres rutas permiten afondar máis na historia do camposanto. A través do "Itineario artístico" realízase un achegamento á arquitectura e á escultura de panteóns neorrománicos, neogóticos ou neoclásicos. O "Itinerario dos creadores, historiadores e científicos" achega máis de medio centenar de tumbas de ilustres das huminades e das ciencias. E, finalmente, o "Itinerario dos políticos, os militares e os soños da Coruña".
SOBRE O BICEn 1981 incóase expediente para a súa declaración como Monumento Histórico Artístico. porén, non se chegou a declarar, aparecendo igualmente na base de datos do Ministerio.Descarga la documentaciónHORARIODe 9:00 a 18:00 horasCONTACTOhttp://www.turismocoruna.com981923093PROPIEDADEMunicipalAUTORESFernando Domínguez Romay, Juan de Ciórroga e Pedro Mariño, entre outrosÉPOCAPrimeiro cuarto do século XIXBIBLIOGRAFÍA
  • VV. AA.: O Cemiterio de Santo Amaro: memoria de dous séculos. Concello da Coruña e Fundación Emalcsa, A Coruña, 2012.
  • MONTERROSO DEVESA, José María: O Cemiterio de Santo Amaro. Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, A Coruña, 1992.
ENLACESOBSERVACIÓNSEn 2012, Santo Amaro ingresa na Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE) formando parte da Ruta Europea.

Información sobre visitas guiadas na web ou no número de contacto.
© etnoga. Tódolos dereitos reservados | Contacto | Créditos

Colaboracións

  • Concello da Coruña
  • Concello de Noia
  • Concello de Ourense
  • Concello de Cambados
  • Ayuntamiento de Castro Urdiales
  • Ayuntamiento de Comillas
  • Markina-Xemeingo Udala
  • Elgoibarko Udala
  • OarsoAldea, Turismo en Euskadi
  • Ajuntament de l'Escala
  • Museo de l'anxova i de la sal
  • Museo Arenys de Mar
  • Sacramental de San Isidro
  • Asociación PATMOS Jaén
  • Ayuntamiento de Casbermeja
  • Fundación Cementerio Inglés de Málaga
  • Asociación Parque Funerario Cementerio San Rafael y San Roque
  • Ayuntamiento de la Villa de La Orotava
  • Ayuntamiento de San Cristóbal de La Laguna
  • Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria
  • Cabildo de Gran Canaria
  • Holy Trinity Church at Gran Canaria
  • Ayuntamiento de Tías

Agradecementos

Rubén Ventureira, Suso Martínez, Mª Begoña López e Javier Sánchez-Tembleque; Concha Allut e Rafael García; Marga Martín; Manuel Galiñanes; Eloisa Clara Ten; Ángel Armendariz Gutiérrez; Juan Francisco Ureta; Pedro Velarde; Juan Jose Txurruka e Mikel Elorza; Blanca Salegi; Jabrus; Izaskun García; Lurdes Boix; Esther Celma e Toni Flores; Neus Ribas; Oriol García; Almudena Moreno; José Manuel Higuera; Antonio Artacho, Cristobal Pino e Antonio Domínguez; Bruce A McIntyre; María Teresa Laborda e Daniel García Pulido; Nieves Guardia e Pedro; Bernardo Iglesias; Sergio Andrada Lapenne; Ana Delia Ojeda León; José del Rosario e Juana Hernández; Betty Burgess e Manuel Ramírez Sánchez; Arnán; Pino Dolores Santanza; Julián Hernández.